Traballa en ALENTO
FEGADACE e as asociacións de dano cerebral activamos procesos de selección para a contratación de profesionais en ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela, ademais de na mesma Federación.
Tamén mantemos as nosas caixas de correo abertas para a recepción de currículos, que conservaremos para contactar coas persoas candidatas no momento de abrirmos un proceso de selección. Podes enviar o teu CV ao mail info@alento.org
Inscríbete nas ofertas que están activas ou envíanos a túa candidatura para futuros procesos de selección no Portal de Emprego de Fegadace Galicia.