Cookies

A disfaxia e o Dano Cerebral Adquirido

Que é a  disfaxia?
A  disfagia é a alteración ou dificultade para levar o alimento e as  secreciones endóxenas desde a boca ao esófago. É un síntoma que aparece con frecuencia en persoas que sufriron dano cerebral.
 
Como podemos detectar que o noso familiar con dano cerebral padece  disfagia? 
  • Tose antes, durante e despois da  deglución.
  • Fatiga despois de comer.
  • Incapacidade en recoñecer a comida (estereognosia).
  • Sialorrea  profusa.
  • Escape de alimento da cavidade oral.
  • Retención de alimento en boca ou  faringe.
  • Regurgitación nasal.
  • Atragantamentos. 
  • Carraspeira.
  • Diminución da saturación de osíxeno.
  • Esbirros.
  • Cianosis.
  • Disnea.
  • Disfonía: voz húmida.
  • Malnutrición - perda de peso.
  • Pneumonía  aspirativa.
  • Cansazo ou  somnolencia.
  • Deglucións fraccionadas.
  • Episodios de febre recorrentes.

Gelificación de chorizo realizada en ALENTO Vigo para personas con daño cerebral con problemas de disfagia

 
Como se actúa desde o Servizo de Logopedia de  Alento coas persoas con dano cerebral con problemas de  disfagia?
Na asociación ALENTO de Vigo o Equipo de Logopedia fai unha valoración que inclúe: 
  • Estudo da historia clínica da persoa con dano cerebral
  • Unha exploración da  deglución cunha valoración da función respiratoria e a súa relación coa  deglución, exploración  miofuncional e unha exploración con probas complementarias:  EAT 10,  MECV V,  GUSS… 
 
Cos datos obtidos, se se establece un diagnóstico de  disfagia, será necesario intervir a nivel de:
  • Contorna.
  • Posicionamento.
  • Técnicas compensatorias.
  • Produtos de apoio.
  • Volume e viscosidade do alimento.
 
Este proceso non é exclusivo do servizo de logopedia, senón que conta co apoio dun equipo interdisciplinar especializado.
 
Todo iso para conseguir unha alimentación segura e eficaz para a persoa con  disfagia.

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DANO CEREBRAL EN

O dano cerebral en cifras: en Galicia e España   Información sobre secuelas do dano cerebral

O tratamento do dano cerebral   O ictus

      Imprimir
Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org