Cookies

Emerxencia social

Emerxencia social
inclusión, axuda, persoas

Desde - Hasta: 21/07/2014 - Actualmente

Programa de Emerxencia Social para persoas sen recursos con Dano Cerebral, o crea a Asociación ALENTO en 2007, unha vez que entra en contacto con Dijibril, de quén vos contamos a continuación a súa historia.
 
Dijibril naceu en Senegal e ten 32 anos. Chegou a España, sen papeis, con 19 anos. Tivo varios traballos pero nunca un contrato.
 
Con 31 anos sufre ictus “traballando”, o que lle provoca unha hemiparesia (a disminución da forza motora ou parálise parcial que afecta a un brazo e unha perna do mesmo lado do corpo); ten a visión afectada; antes falaba bastante ben español pero agora fala sólo wólof e un pouco de francés; ...
 
Dijibril non ten familia en España polo que ao sair do hospital o acollen uns amigos senegaleses que se poñen en contacto coa Asociación ALENTO.
 
 
 
Djibril non ten papeis, Djibril non existe

A inexistencia de redes de apoio e o descoñecemento dos poucos recursos sociais aos que pode acceder, as dificultades de comunicación, o descoñecemento do idioma e incluso as crenzas culturais e as costumes poden agravar a situación.

Unha vez coñecido o caso iníciase o seguimento do mesmo, facilitándolle información sobre os recursos aos que pode acceder, prestacións e asesoramento legal e un programa de atención directa co obxectivo de potenciar as súas capacidades físicas, cognitivas e sociais.

Programa de Emerxencia Social reserva un 10% das prazas do Centro de Día Terapéutico de Dano Cerebral da Asociación ALENTO para aquelas persoas que se atopan en situación de exclusión social ou para casos de Emerxencia Social.

 

¿QUERES COLABORAR CO PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL?

ALENTO solicita apoio a todas as persoas interesadas en colaborar coa nosa entidade para que dirixan as súas aportacións ao Programa de Emerxencia Social a través do Formulario de Doación. ¡Agradecemos o voso apoio e colaboración!

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org