que facemos >  

que facemos

Centro de Día Terapéutico

  • Mellorando a Calidade de Vida das persoas con Dano Cerebral
  • Dende - Ata: 21/07/2014 - Actualmente

“Normalmente as familias chegan a ALENTO solicitando servizos de rehabilitación (Fisioterapia e Logopedia fundamentalmente).

No Centro de día terapéutico de ALENTO traballamos dende unha visión máis global para mellorar a Calidade de Vida da persoa afectada por un Dano Cerebral, o noso obxectivo é lograr a maior autonomía posible da persoa con Dano Cerebral a nivel físico, cognitivo, psíquico, comunicación… e onde se ten en conta tanto á familia, como ao usuario á hora de consensuar os criterios de intervención”

LAURA, Coordinadora do Centro de Día Terapéutico de ALENTO.

 

¿Qué é o Centro de Día Terapéutico de ALENTO?

O centro de día terapéutico da Asociación ALENTO, é un recurso específico para persoas con Dano Cerebral, provocado por un ictus ou un traumatismo craneoencefálico. No centro de día traballamos de xeito global co usuario ou a usuaria e a súa familia prestando os servizos, recursos e apoios necesarios para mellorar a calidade de vida da persoa con Dano Cerebral.

A intervención é integral e global e, está rexida por uns valores e criterios ónde a persoa é o centro, as decisións son compartidas, buscando un resultado significativo e transformador para a persoa con dano cerebral.

Centro de día terapéutico para personas con daño cerebral de la Asociación ALENTO

 

¿Cómo traballamos no Centro de Día Terapéutico de ALENTO?

Definimos un Plan de Intervención individualizado para cada persona con Dano Cerebral atendida no Centro de Día Terapéutico de ALENTO. Este plan elabórase a partir da seguinte información:

  • Entrevistámonos tanto coa familia como coa persoa con Dano Cerebral nas instalacións de ALENTO e na súa vivenda, o que nos permite recoñecer os puntos fortes e os aspectos limitantes.
  • Recollemos as necesidades, expectativas e demandas tanto da familia como da persoa con Dano Cerebral.
  • Os profesionais dos diferentes servizos de ALENTO realizan una avaliación inicial de cada usuario e usuaria durante o primeiro mes de proba.

Con toda a información anterior elabóranse os Plans de intervención individualizados,  que se presentan tanto ao usuario como á familia para buscar o apoio e a implicación de todas as partes na execución do mesmo.

No centro de día terapéutico de ALENTO para personas con Dano Cerebral préstanse os seguintes servizos:

Materiais relacionados
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 3

 

Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org