Dende - Ata: 03/07/2014 - Actualmente
O Dano Cerebral Adquirido marca un antes e un despois en calquera familia que o sufre. A partir deste momento, cada unha delas terá unha serie de necesidades e formas diferentes de adaptarse e enfrontar esta nova situación.
Dende a Asociación ALENTO proporcionamos aos familiares unha atención cercana persoalizada, orientando o noso traballo a facilitar este proceso de cambio e adaptación. Os profesionais responsables desta labor son a traballadora social e a neuropsicóloga que xunto co equipo multidisciplinar facilitan información sobre o Dano Cerebral Adquirido, os servizos da Asociación ALENTO e os recursos que ofrecen as administracións públicas e demáis entidades sociais.