Dende - Ata: - Actualmente
“Cando a familia dunha persoa, que acaba de sufrir un Dano Cerebral, chega a ALENTO, faino, en moitas ocasións, sen información e escasas esperanzas e, por tanto, é preciso prestarlles a información e orientación necesarias”.
Sara, Traballadora Social de ALENTO
O servizo de información da Asociación ALENTO é o que ten o primeiro contacto coas familias das persoas con dano cerebral, que sufriron un ictus ou un traumatismo craneoencefálico.
Intentamos responder ás diferentes demandas, en función das necesidades da unidade familiar, que varían segundo diferentes aspectos como:
Por elo debemos traballar de xeito global coas necesidades da persona con Dano Cerebral e a súa familia.
As familias poden poñerse en contacto con ALENTO en diferentes fases ou procesos: na fase hospitalaria (cando o seu familiar está aínda no hospital ou recibe o alta), na fase de rehabilitación, ou na fase crónica (meses ou anos despois de ter sufrido o Dano Cerebral).
Isto vai a influir na demanda plantexada con cada uno de ellos.
¿Cómo traballamos no servizo de información de ALENTO?
O servizo de Información de ALENTO aporta ás familias das persoas con Dano Cerebral, información e asesoramento sobre diferentes aspectos que poidan ser do seu interese:
Orientamos ás familias sobre xestión de prestacións, axudas, subvencións, certificados de discapacidade, valoración de dependencia,… e todas aquelas prestacións sociais ás que poden acceder as persoas con Dano Cerebral e as súas familias.
¿Cómo podes contactar con ALENTO?
Podes contactar co servizo de Información de ALENTO para persoas con dano cerebral e as súas familias a través dalgún dos seguintes canles de comunicación: