que facemos >  

que facemos

Servizo residencial

  • Atención residencial para persoas con dano cerebral
  • Dende - Ata: 01/07/2019 - Actualmente

O servizo residencial terapéutico para persoas con dano cerebral da Asociación ALENTO de Vigo complementa a oferta de servizos e programas da Asociación para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral.

As súas instalacións atópanse nos locais da Asociación ALENTO en Vigo, na Rúa Pedra Seixa, s/n, do barrio de Navia.

Dispoñemos de 15 prazas concertadas coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Son eles, os responsables de asignar os usuarios e usuarias para as prazas que xestionamos no noso servizo residencial.

Imagen del servicio residencial de ALENTO VIGO para personas con daño cerebral adquirido

O servizo residencial de ALENTO para persoas con dano cerebral adquirido de Vigo dispón de habitacións individuais e dobres con baños, un espazo de convivencia e estar, comedor,... Todos os espazos son totalmente adaptados e accesibles.

O equipo de profesionais do servizo está constituído por 1 enfermeira (que se encarga da dirección do centro), 9 auxiliares e 1 médico. Ademáis o equipo técnico da entidade (neuropsicóloga, psicólogas, logopedas, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, educadoras sociais,...) traballa directamente cos usuarios e usuarias do servizo residencial.

A intervención neste servizo, como en todos os da Asociación ALENTO fundaméntase no Modelo de calidad e de vida para persoas con dano cerebral do que podes saber más pinchando AQUÍ

 

Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 1

Os servizos de ALENTO

Servicio residencial para personas con daño cerebral en ALENTO

ALENTO. Servicio de centro de día terapéutico para personas con daño cerebral en Vigo

ALENTO. Escuela de formación sobre daño cerebral en Vigo

 

  • RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org