Cookies

terapia ocupacional

terapia ocupacional
Vida Independente

Desde - Hasta: - Actualmente

"É fundamental, despois de ter sufrido un ictus ou un traumatismo craneoencefálico, traballar activamente coa persoa con Dano Cerebral para recuperar, na medida do posible, as súas habilidades para as actividades da vida diaria, básicas e instrumentais. Pretendemos que volvan a ter a autonomía suficiente para vestirse, lavarse os dentes, atarse os cordóns,..."

LAURA. Terapeuta Ocupacional de ALENTO.

 

¿Qué facemos no servizo de Terapia Ocupacional de ALENTO?

O noso obxectivo é que as persoas con Dano Cerebral, atendidas en ALENTO, recuperen a máxima autonomía para realizar as actividades funcionais do día a día: lavarse os dentes, vestirse, pasar da cama á cadeira ou da cadeira á cama (transferencias),...

Para que podamos avanzar na consecución deste obxectivo é fundamental ter contacto coa familia da persoa con Dano Cerebral e contar coa súa colaboración.

Dende o servicio de Terapia Ocupacional traballamos de xeito global, intervindo nos aspectos físicos, cognitivos, sensitivos ou emocionais.

 

¿Cómo traballamos no servizo de Terapia Ocupacional de ALENTO?

Utilizamos ferramentas estandarizadas para poder realizar unha avaliación do grao de autonomía da persoa con Dano Cerebral:

  • Valoramos a autonomía nas actividades básicas da vida diaria, en tarefas como a alimentación, o aseo persoal, autonomía para ir ao baño, trasferencias á cama e ás cadeiras, deambulación (moverse, subir escalóns),…
  • Medimos habilidades instrumentais: Lavar a roupa, uso dos medios de transporte, utilización do teléfono, ir de compras, labores domésticas, responsabilidade na administración da medicación, xestión dos seus cartos,…

Traballamos coas persoas con Dano Cerebral, a través de sesións individuais e grupais. É fundamental traballar intensamente, sobre todo nos primeiros meses do Dano Cerebral, dende o ictus ou o traumatismo craneoencefálico:

  • As sesiones individuais, permiten traballar con cada usuario, de xeito personalizado, a recuperación das habilidades da vida diaria.
  • traballo en grupo, utilízase, sobre todo, para traballar as actividades instrumentais da vida diaria (manexo dos cartos, planchar,…)

Traballamos en coordinación cos demáis profesionais da Asociación. Orientamos ás responsables dos obradoiros en habilidades funcionais que deben traballarse con cada persoa con Dano Cerebral, adaptamos determinadas accións para facilitar a súa participación nos obradoiros,…

Ademáis semanalmente acudimos cos usuarios e usuarias á piscina, onde realizamos un traballo terapéutico e realizamos un obradoiro de cociña, no que potenciamos o desenvolvemento das habilidades instrumentais de cada usuario e usuaria.

Asesoramos ás familias, coas ortopedias e as posibles axudas técnicas para as persoas con Dano Cerebral.

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org