Cookies

A REHABILITACIÓN E A VOLTA A CASA

Tras o alta hospitalaria comeza un proceso cuxo obxectivo será  alcadar a maior autonomía persoal posible en cada caso de Dano Cerebral Adquirido. Para elo, será necesario reconstruir ou reorientar proxectos de vida de cada persoa para que poida voltar a ser o máis independente posible.

Para poder alcanzar este obxectivo é fundamental que a familia e a persoa con Dano Cerebral dispoñan de información suficiente sobre os recursos existentes  sobre as necesidades específicas de rehabilitación do seu familiar.

A escaseza de recursos públicos e específicos de atención ao dano cerebral, así como dificultades de tipo económicas, xeográficas ou de falla de apoio social das familias provocan que a atención necesaria non sexa prestada, e isto poda precipitar o retorno ao fogar e que a familia asuma o papel de coidador principal.

No seguinte enlace á web da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), poderás consultar os centros de atención ao Dano Cerebral existentes en España.

Recursos en España para la atención al Daño Cerebral Adquirido

 

¿Cómo debe ser a rehabilitación do dano cerebral?

O proceso de rehabilitación do Dano Cerebral Adquirido ten cinco obxectivos:

  • Avaliar as secuelas do dano cerebral e as dificultades que estas provocan.
  • Reeducar e compensar as secuelas do dano cerebral para reducir a discapacidade.
  • Previr complicacións futuras das secuelas do DCA ou da propia lesión cerebral.
  • Potenciar as habilidades conservadas.
  • Promover a integración social e familiar.

A rehabilitación debe producirse dende o primeiro momento, dende que o paciente atópase en planta no Hospital. Unha vez iniciada, debe ter continuidade e axustarse a medida que a lesión evolucione.

Ata os duos primeiros anos despois da lesión, a evolución dos pacientes é positiva, polo que é fundamental que o traballo sexa continuo no tempo. A partir deste momento é importante manter as terapias de rehabilitación orientadas a preservar a melloría lograda.

A rehabilitación da persoa con Dano Cerebral Adquirido debe ser realizada por un equipo rehabilitador multiprofesional para que a persoa con dano cerebral reciba unha atención coordinada e integral. Este equipo deberá estar formado, polo menos, polas seguintes especialidades:

  • Medicina: O equipo médico rehabilitador será o encargado de coordinar as accións do resto do equipo.
  • Enfermería: Ademáis das súas funcións habituais na planta hospitalaria, ante os casos de dano cerebral o equipo de enfermería é clave como educadora das personas con dano cerebral e as súas familias. Son o nexo de unión entre os membros do equipo de rehabilitación.
  • Neuropsicoloxía: Deseñan, avalían e poñen en marcha os programas de estimulación cognitiva. Realizan a avaliación inicial da persoa con dano cerebral.
  • Fisioterapia: Manteñen e melloran as capacidades físicas para previr máis complicacións. Tamén trabajllan a mellora cardiovascular para incrementar a tolerancia ao esforzo, o que axuda ao traballo desenvolvido no centro e a que o usuario poida participar máis a nivel comunitario.
  • Logopedia: As áreas de acción da logopedia son a comunicación, a respiración, a postura e a deglución.
  • Traballo social: A través de entrevistas persoais realizan unha análise das necesidades sociais da persoa con dano cerebral e da súa familia para tratar de resolvela a través dos recursos máis axeitados. A figura da traballadora social é un nexo entre familia, administración, centro e outras entidades.
  • Terapia ocupacional: Traballan as habilidades necesarias para a realización das actividades básicas e instrumentais da vida diaria. Isto o fan tendo en conta as habilidades do usuario previas ao DCA: inténtase promoverlas de cara a unha posible volta ao emprego.

Finalmente, xa avanzando no campo do social, existe un grupo de profesionais como educadores sociais, monitores de ocio, preparadores laborals e técnicos en integración social; entre outros, que son imprescindibles para a integración social e a autonomía persoal, así como para os programas de ocio e tempo libre. Ademáis, os profesionais do área apoian nas actividades básicas da vida diaria, cubrindo así estas necesidades.

FONTE: Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE)

 

Máis información en

Os primeiros momentos tras o dano cerebral qué facerVivir con dano cerebral

 

 

      Imprimir
Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org