Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 26/02/2024 | Entroido en ALENTO 2024

Celebración do Entroido 2024 en ALENTO

As persoas usuarias dos centros de atención a persoas con dano cerebral de ALENTO en Vigo gozaron da tradicional celebración do Entroido nas nosas instalacións.

09/02/2024 | Vigo

O venres 9 de febreiro celebrouse nas instalacións de ALENTO en Vigo, a xa tradicional Festa de Entroido 2024.
 
Celebración do entroido na Asociación ALENTO 2024
 
A xornada estivo chea de actividades das que puideron gozar as persoas usuarias da entidade e os profesionais da mesma. Entre as principais actividades das que puideron gozar as persoas con dano cerebral atendidas na entidade podemos destacar:
  • Apertura da xornada festiva coa actuación do grupo de Baile Adaptado: O grupo de baile adaptado de ALENTO puido realizar unha exhibición das coreografías nas que estiveron traballando nas últimas semanas.
  • Desfile e concurso de disfraces: Os disfraces máis variados citáronse nas nosas instalacións. Non foi fácil escoller aos disfraces máis orixinais durante o concurso de 2024.
  • Quiz! por equipos. Unha actividade moi divertida na que puidemos participar todas as persoas da entidade
  • Cata do pastel (carlota de limón) elaborado polo grupo de Cociña. Só podemos dicir que estaba espectacular. Uns autenticos mestres da repostería, as persoas que forman parte do Grupo de cociña.
  • Entrega de premios e peche. E como non pode ser doutra maneira, non pode haber un concurso sen entrega de premios.
 
Unha xornada moi divertida para todas as persoas que participamos.
 
 

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org