Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 30/09/2017 | Firma del convenio de colaboración de Caixabank con ALENTO

A oficina de Caixabank en Castrelos colabora co Ecohorto de ALENTO

A colaboración permitirá seguir avanzando no desenvolvemento do Proxecto de Ecohortto que se realiza nas nosas instalacións de Vigo.

29/09/2017 | Vigo

A oficina de CAIXABANK en Castrelos (Vigo) colabora coa Asociación ALENTO no mantemento do Ecohorto que a entidad puxo en marcha. 

O Ecohorto é unha nova experiencia que nos está dando moita satisfacción. Contamos cun invernadeiro, bancales, ferramentas, sementes… etc… coas que desenvolvemos a actividade, que é moi valorada polos nosos usuari@s. Esta actividade enmárcase dentro do Área de CALIDADE DE VIDA de DESENVOLVEMENTO PERSOAL, un dos ámbitos nos que se traballa en ALENTO coas persoas con Dano Cerebral.

Sinatura do convenio de colaboración entre Caixabank e ALENTO

Ademáis estamos moi orgullosos de poder contar que, dende o Ecohorto de ALENTO, estamos colaborando nun estudio científico para a loita contra o cancro de mama. Seguindo as indicacións do Dr. Jorge Cameselle e un equipo de enxeñeiros agrícolas cultivamos unha planta denominada kalanchoe que ofrece unha serie de características beneficiosas para o organismo como preventiva para o cancro.

Dende ALENTO queremos mostrar o noso agradecimento con CAIXABANK por seguir colaborando cos nosos proxectos.

 

MÁIS INFORMACIÓN EN

Desarrollo personal Asociación ALENTO

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ÁREAS DE CALIDADE DE VIDA > Desenvolvemento persoal

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org