Cookies

Nosa historia en hitos

​A Asociación ALENTO celebra os seus primeiros 15 anos de vida. Durante a nosa corta existencia logramos importantes obxectivos grazas ao esforzo de moitos e moitas. As persoas e as familias das persoas con Dano Cerebral Adquirido e/ou ictus de Vigo e da Provincia de Pontevedra son os principais beneficiarios e beneficiarias do noso traballo nestes 15 primeiros anos de vida. Esperamos que no futuro logremos alcanzar as metas que nos marcamos. Invitámoste a formar parte deste proxecto.

Os principais hitos destes primeiros anos de vida da Asociación ALENTO son os seguintes:

Ano 2000.   O 24 de maio fúndase a Asociación da man dun grupo de persoas con moita ilusión.

Ano 2001.   Inícianse os primeiros servizos de información e atención directa profesionalizados nun local alugado. Atendemos a 9 persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2003. Inícianse as actividades do Servizo de Readaptación pola mañá e pola tarde atendendo a 29 persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2004. Apróbase o 1º Plan Estratéxico da Asociación Alento (2005-2009). Xa atendemos a 42 persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2007. O Concello de Vigo cédenos un terreo de 2500 m2 para a construción do novo centro da Asociación ALENTO.

Ano 2008. Conseguimos a certificación de Calidade ISO 9001:2008ALENTO é declarada Entidade de Utilidade Pública.

Ano 2010. Apróbase o 2º plan estratéxico (2011-2012). Xa somos 12 profesionais e atendemos a 56 persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2011. Participamos no Programa Más Social da Fundación Barrié.

Ano 2012.   Finalización da construción do novo Centro de Día e Residencia en Vigo para persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2013.  Os servizos da Asociación ALENTO trasládanse ás novas instalacións de Navia en Vigo. Somos un Centro de Día para personas con Dano Cerebral Adquirido.

Ano 2014. Concédensenos 38 prazas concertadas para o Centro de Día Terapeútico de Dano Cerebral. Contamos con 16 profesionais e atendemos a 62 persoas.

Junta Directiva fundadora de ALENTO Daño Cerebral

      Imprimir
Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org