Cookies

Novas

O Concello de Vigo colabora con ALENTO na información especializada sobre Dano Cerebral Adquirido

O obxectivo do proxecto é dar información, atención e asesoramento específico aos familiares das persoas afectadas  de dano cerebral, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida.

30/09/2017 | Vigo

O Proxecto de Información, Atención e Asesoramento específico a familiares de afectados de Dano Cerebral Adquirido realízase nas instalacións de Alento na rúa Pedra Seixa s/n, de Vigo.

As persoas beneficiarias son todos os familiares de afectados de Dano Cerebral Adquirido do termino municipal de Vigo. Estimase que se beneficien do proxecto unhas 150 persoas

Esta colaboración económica enmárcase dentro da concocatoria de subvencións do Concello de Vigo, a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos servicios sociais no ano 2017, cun importe de 1.092,80 €.

Obxectivos específicos

  • Acompañar ás familias dos afectados dende o primeiro momento, facilitando o proceso de asimilación e aceptación da nova realidade familiar.
  • Informar as familias sobre a lesión cerebral, recursos específicos e dereitos.
  • Proporcionar pautas de atención e actuación cos afectados.
  • Proporcionar apoio familiar.

MÁS INFORMACIÓN EN

Servicio de Información para personas con Daño Cerebral ALENTO

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > > INFORMACIÓN

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org