O tratamento dos pacientes con Dano Cerebral Adquirido (DCA) e outras lesións neurolóxicas debe ser temprano, individualizado, intensivo e interdisciplinar.
Temprano: É importante comezar o tratamento de xeito precoz, é dicir, en canto o paciente se atope estable clínicamente.
Individualizado: En cada paciente prodúcese unha única combinación de síntomas e alteracións que deben ser tratadas de xeito individualizado por profesionais expertos en neurorehabilitación.
Intensivo: Resulta esencial axustar a intensidade do tratameento ás capacidades e necesidades do paciente con dano cerebral en cada unha das fases da rehabilitación.
Interdisciplinar: Non existe ningún perfil profesional que de xeito aillado poda abarcar as múltiples necesidades de rehabilitación dun paciente con Dano Cerebral Adquirido.