Tras o alta hospitalaria comeza un proceso cuxo obxectivo será alcadar a maior autonomía persoal posible en cada caso de Dano Cerebral Adquirido. Para elo, será necesario reconstruir ou reorientar proxectos de vida de cada persoa para que poida voltar a ser o máis independente posible.
Para poder alcanzar este obxectivo é fundamental que a familia e a persoa con Dano Cerebral dispoñan de información suficiente sobre os recursos existentes sobre as necesidades específicas de rehabilitación do seu familiar.
A escaseza de recursos públicos e específicos de atención ao dano cerebral, así como dificultades de tipo económicas, xeográficas ou de falla de apoio social das familias provocan que a atención necesaria non sexa prestada, e isto poda precipitar o retorno ao fogar e que a familia asuma o papel de coidador principal.
No seguinte enlace á web da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), poderás consultar os centros de atención ao Dano Cerebral existentes en España.
¿Cómo debe ser a rehabilitación do dano cerebral?
O proceso de rehabilitación do Dano Cerebral Adquirido ten cinco obxectivos:
A rehabilitación debe producirse dende o primeiro momento, dende que o paciente atópase en planta no Hospital. Unha vez iniciada, debe ter continuidade e axustarse a medida que a lesión evolucione.
Ata os duos primeiros anos despois da lesión, a evolución dos pacientes é positiva, polo que é fundamental que o traballo sexa continuo no tempo. A partir deste momento é importante manter as terapias de rehabilitación orientadas a preservar a melloría lograda.
A rehabilitación da persoa con Dano Cerebral Adquirido debe ser realizada por un equipo rehabilitador multiprofesional para que a persoa con dano cerebral reciba unha atención coordinada e integral. Este equipo deberá estar formado, polo menos, polas seguintes especialidades:
Finalmente, xa avanzando no campo do social, existe un grupo de profesionais como educadores sociais, monitores de ocio, preparadores laborals e técnicos en integración social; entre outros, que son imprescindibles para a integración social e a autonomía persoal, así como para os programas de ocio e tempo libre. Ademáis, os profesionais do área apoian nas actividades básicas da vida diaria, cubrindo así estas necesidades.
FONTE: Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE)