Cremos firmemente no dereito que ten toda persoa a ser voluntaria, por iso un dos sinais de identidade de ALENTO é a icororación de voluntarios e voluntarias no traballo que realizamos con persoas con Dano Cerebral. ALENTO naceu grazas ao traballo dun grupo de voluntarios implicados coas persoas con Dano Cerebral Adquirido.
Grazas á participación dos voluntarios e voluntarias nas actividades da Asociación conseguimos difundir os valores de ALENTO, sensibilizar á sociedade sobre o Dano Cerebral Adquirido, potenciar os programas nos que participan as persoas voluntarias co seu traballo e aportación persoal.
A labor do voluntario desenvólvese nas diferentes áreas de traballo do Centro de Día, centrándose sobre todo nas actividades de ocio e tempo libre e nos obradoiros da Asociación. Unha das premisas será sempre que a persoa que quere colaborar como voluntario ou voluntaria se incorpore a aquela actividade do centro que resulte máis motivadora para ela, co fin de que poida aportar o máximo posible,
Independentemente da actividade na que desenvolva a súa acción voluntaria, o voluntario ou voluntaria debe de:
ALENTO facilita a acción voluntaria dos propios afectados en entidades e organizacións próximas.