Dende a Asociación ALENTO apostamos por ser unha organización cada día máis eficaz, eficiente, ben xestionada, orientada a resultados, transparente e comprometida con rendir contas á sociedade. Aspectos claves para manter a confianza e a credibilidade en ALENTO.
As nosas contas foron presentadas e aprobadas polos socios e socias de ALENTO na Asemblea Anual celebrada o 28 de maio de 2021. Cumprindo cos requisitos legais establecidos están presentadas no Rexistro Mercantil de Pontevedra.
Ademáis por primeira vez, afondando no compromiso de transparencia da entidade, as contas de 2020 de ALENTO foron auditadas por un auditor externo. Podes consultar o Informe de Auditoría de contas AQUÍ.
RESUMEN CONTAS ANUAIS 2020
No seguinte gráfico recollemos os principais datos económicos da Asociación ALENTO no ano 2020. Os ingresos de ALENTO no ano 2020 foron de 1.351.836,42€ (fronte aos 1.160.881,96€ de 2019) e os gastos de 1.318.097,43€ (fronte aos 1.214.255,58€ de 2020), obtendo un resultado positivo de 33.738,99€ (En 2018 o resultado foi positivo de -53.373,62€)