Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 27/09/2017 | Visita da Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia a ALENTO

A Directora Xeral de Maiores e persoas con discapacidade da Xunta de Galicia visita ALENTO

Na visita, Fabiola García, coñeceu as instalacións da nosa asociación e os servizos que prestamos ás persoas con Dano Cerebral.

26/09/2017

Fabiola García Directora Xeral de Maiores e Discapacidade visitou as instalacións de ALENTO o 26 de setembro de 2017. A directora xeral tivo a oportunidade de coñecer in situ ditas instalacións, nas que na actualidade son atendidas 89 persoas con Dano Cerebral. A día de hoxe o centro de día conta con 40 prazas concertadas coa administración autonómica.
 
Visita da Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade a ALENTO
 
A directora xeral destacou o traballo de Alento en pro das persoas con dano cerebral e das súas familias, xa que contan cun espazo de encontro, información, orientación e prestación dos servizos necesarios para mellorar a calidad e de vida deste colectivo. Asimesmo, mostrou o seu compromiso a través do estudo de posibles futuras vías de colaboración coa entidade para poder facilitar a súa labor diaria e a integración das persoas con dano cerebral na sociedade.
 
Visita da Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade a ALENTO

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org