Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 28/09/2017 | Presentación de PonteDCA. Punto de Información sobre Dano Cerebral en Pontevedra

ALENTO inaugura en Pontevedra PonteDCA. Punto de información sobre Dano Cerebral

Ponte DCA é un proxecto de ALENTO para acercar a información sobre o dano cerebral ás persoas afectadas e ás súas familias de Pontevedra e a súa área de influencia.

27/09/2017 | Pontevedra

A Asociación ALENTO de Dano Cerebral inaugurou no día de hoxe PonteDCA. Punto de Información a persoas con Dao Cerebral.

PonteDCA é un novo servizo da Asociación ALENTO, entidade especializada na provincia de Pontevedra na atención a persoas con Dano Cerebral Adquirido.

Na área sanitaria de Pontevedra, cada ano, máis de 600 persoas sofren un Dano Cerebral Adquirido. É fundamental contar con información e asesoramiento especializado nas primeiras semanas despois do ictus ou do traumatismo craneoencefálico para poder afrontar esta nova situación coas máximas garantías.

Presentación de PonteDCA en Pontevedra

PonteDCA. Punto de Información sobre Dano Cerebral en Pontevedra, ten a súa sé nas instalacións de Espacio ARROELO na rúa Michelena, 11 3º. Para poder acceder a este servicio é preciso solicitar cita previa a través algunha das seguintes canles:

 

¿Qué servicios ofrecemos en PonteDCA?

  • Información sobre servizos e programas para a rehabilitación de persoas con Dano Cerebral.
  • Información sobre dereitos e axudas para persoas con Dano Cerebral: valoración de dependencia, certificado de discapacidade, prestacións económicas,...
  • Pautas e orientación para a atención de persoas con Dano Cerebral, a través de sesións individuais e/ou grupais.

 

ENCE colabora coa Asociación ALENTO na posta en marcha de PonteDCA. Punto de Infiormación sobre Dano Cerebral.

ENCE, a través do seu Plan Social en Pontevedra colabora coa Asociación ALENTO para a posta en marcha deste novo servizo orientado a canalizar as demandas de información e asesoramiento das persoas con Dano Cerebral e as súas familias.

No acto de presentación estuvimos acompañados de:

  • Antonio Casal, en representación de ENCE.
  • O Secretario Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ramón Pereiro Santín
  • O Presidente da Confederación Española de Daño Cerebral (FEDACE) e da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
  • Representantes do movemento asociativo do Dano Cerebral en Galicia.

Representantes del movimiento asociativo del Daño Cerebral en la Presentación de PonteDCA

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > CENTROS - SERVIZOS > PonteDCA

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org