Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 06/03/2019 | Cartel formación EscuelaDCA. As funcións executivas na persoa con dano cerebral

As funcións executivas, nova formación da EscuelaDCA de ALENTO en Vigo

Nesta acción formativa, que se realizará nas instalacións de ALENTO en Vigo, e que será impartida pola Neuropsicóloga de ALENTO, Ámparo Rodicio Quiroga, traballaremos sobre cómo abordar as dificultades de planificación, organización, inhibición… tras un dano cerebral.

05/03/2019 | Pontevedra

¿Por que?

As funcións executivas son a función cognitiva que dirixe ao resto, facendo que a nosa memoria, atención, linguaxe, etc. funcionen coordinadas e correctamente. Son esenciais para levar a cabo unha conduta eficaz, creativa e aceptada socialmente.

Esta secuela cognitiva afecta a mais do 80%  das persoas que sufriron un Dano Cerebral e maniféstase nas súas vidas de múltiples xeitos: dificultades para realizar razoamentos complexos, planificar un evento, xestionar os seus recursos, anticiparse as consecuencias dun feito, ser flexibles mentalmente e coas suas rutinas, formular metas, etc.

O obxectivo deesta formación é poñer nome a esas limitacións e coñecer máis delas xa que, dentro das chamadas secuelas invisibles, son as que, sen dúbida, máis afectan e máis difíciles son de controlar para a persoa con Dano Cerebral e o seu entorno. Aprenderemos a recoñecelas, identificalas e convivir con elas, así como pautas para reducir o seu impacto no día a día.

Cartel formación EscuelaDCA ALENTO Vigo. Las funciones ejecutivas en personas con daño cerebral

 

Contidos

As Funcións Executivas, o área cognitiva que o dirixe todo. Secuelas no Dano Cerebral. Entendemos e              aprendemos a través de exemplos e dinámicas.

¿Que engloban as Funcións Executivas? Estos fallos… ¿Que implican na miña vida diaria? ¿Como podemos traballalas? En casa e no centro.

Pautas para reducir o impacto das secuelas executivas na vida diaria.

 

Impartido por:

Amparo Rodicio Quiroga (neuropsicóloga de ALENTO – Asociación de Dano Cerebral.)

 

¿Cándo?

A acción formativa realizarase en dous horarios diferentes para facilitar a participación do maior número posible de persoas:

  • 20 de marzo de 2019, de 10:30 horas a 12:30 horas.
  • 21 de marzo de 2019, de 17:00 horas a 19:00 horas.


¿Ónde?

Instalacións de ALENTO, Asociación de Dano Cerebral de Vigo

Rúa Pedra Seixa, s/n 36212 VIGO

 

MÁIS INFORMACIÓN EN: Tlf: 986 229 069 – info@alento.org

Podes descargarte AQUÍ a Ficha informativa sobre o Curso da EscuelaDCA de ALENTO sobre Autodeterminación en Persoas con Dano Cerebral.

 

¿QUERES SABER MÁIS?

Logotipo Escuela DCA. Formación sobre Daño Cerebral. Asociación ALENTO

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > ÁREAS DE CALIDADE DE VIDA > Desenvolvemento persoal

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org