Cookies

Novas

© Asociación ALENTO | 26/01/2019 | ALENTO presenta IRIDIUM, novela sobre dano cerebral en Salvaterra e Ponteareas con Francisco Castro

Comenzan os diálogos con estudiantes sobre a novela IRIDIUM de Francisco Castro e o dano Cerebral

Francisco Castro, autor de Iridium, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de ALENTO, Asociación de dano cerebral de Vigo, comenzaron esta semana a visita a diferentes poboacións galegas, para debatir con estudiantes, que leron a novela, sobre a realidade do dano cerebral e o ictus.

25/01/2019

IRIDIUM é a nova novela de Francisco Castro, orientada ao público xuvenil, que aborda, dende unha perspectica moi actual, e dende o punto de vista da adolescencia, cómo cambia a vida cun dano cerebral .

A novela convértese nunha excusa perfecta para poder abordar con adolescentes e mozos esta realidade. A través desta iniciativa, que percorrerá diferentes poboacións de Galicia, preténdese establecer un diálogo aberto con estudantes, sobre a vida cun dano cerebral , despois dun ictus ou un traumatismo craneoencefálico.

ALENTO de Vigo, presenta con Francisco Castro la novela IRIDIUM sobre Daño Cerebral

As primeiras actividades realizáronse o venres 25 de xaneiro con escolares de Salvaterra de Miño e de Ponteareas. As actividades son dirixidas por Francisco Castro, autor da novela, e por Amparo Rodicio, a neuropsicóloga de ALENTO.

Deste xeito, pódese abordar este tema, dende o punto de vista dunha persoa que traballa no día a día con persoas con dano cerebral (DCA) e dende o do autor da novela.

Para preparar IRIDIUM, Francisco Castro, contactou con ALENTO e con FEGADACE, e puido coñecer de primeira man, historias que lle facilitaron a creación dos seus persoaxes e a trama da novela. Unha parte dos beneficios da novela van destinados aos proxectos destas duas entidades.

Arquivada en:
infórmate > Novas Asociación ALENTO
que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > TRATAMENTOS ESPECIALIZADOS > neuropsicoloxía

Logo Entidad

O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao mecenado
da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

Logo FBarrie Logo EDISA
RUA DA PEDRA SEIXA S/N     36212     VIGO     PONTEVEDRA     986 229 069     info@alento.org